- Servizos de tramitación básica
Inclúense todos os procedementos que xestiona o concello
- Servizos de tramitación avanzada
Coa Firma Electrónica (Certificados Clase 2 do FNMT) permítese que calquera cidadán poida realizar calquera trámite sen ter que acudir ás oficinas do concello. Con este sistema o cidadán poderá pagar as súas débedas, consultar e/ou variar os datos do seu padrón, etc
O sistema de firma dixital coa Certificados Clase 2 do FNMT permitiranos identificar os usuarios que acceden podendo asinar a orde de transferencia coma se asinasen unha orde na súa oficina bancaria habitual. (Só se poderán realizar pagos nas entidades especificadas no portal)
Solución:
Para garantir ao máximo a seguridade do sistema, realizouse a instalación dunha pasarela para a comunicación do servidor web cos sistemas internos do concello. A pasarela só admite conexións desde o servidor web, o protocolo utilizado é SOAP sobre SSL utilizando certificados para a comunicación entre ambos os equipos.
A pasarela xestiona tanto solicitudes de consulta de datos como de modificación dos mesmos.
O equipo utilizado como pasarela é un IBM x206 con sistema operativo Red Hat Enterprise Linux.
Os servizos sobre os que se asenta o sistema son:
- Apache 2, como servidor HTTP.
- MySQL, como base de datos.
- PHP como linguaxe de programación.
- OpenLDAP como servizos de directorio.
- Sedmail como servidor SMTP