accesskey_mod_content
CTT - Centro de Transferencia de Tecnoloxía

Servizos Avanzados En liña para a Administración Local

  • Descrición Funcional

    • Servizos de tramitación básica

    Inclúense todos os procedementos que xestiona o concello

    • Servizos de tramitación avanzada

    Coa Firma Electrónica (Certificados Clase 2 do FNMT) permítese que calquera cidadán poida realizar calquera trámite sen ter que acudir ás oficinas do concello. Con este sistema o cidadán poderá pagar as súas débedas, consultar e/ou variar os datos do seu padrón, etc

    • Pasarela bancaria

    O sistema de firma dixital coa Certificados Clase 2 do FNMT permitiranos identificar os usuarios que acceden podendo asinar a orde de transferencia coma se asinasen unha orde na súa oficina bancaria habitual. (Só se poderán realizar pagos nas entidades especificadas no portal)
     

    Descrición Técnica

    Solución:

    Para garantir ao máximo a seguridade do sistema, realizouse a instalación dunha pasarela para a comunicación do servidor web cos sistemas internos do concello. A pasarela só admite conexións desde o servidor web, o protocolo utilizado é SOAP sobre SSL utilizando certificados para a comunicación entre ambos os equipos.
    A pasarela xestiona tanto solicitudes de consulta de datos como de modificación dos mesmos.
    O equipo utilizado como pasarela é un IBM x206 con sistema operativo Red Hat Enterprise Linux.
    Os servizos sobre os que se asenta o sistema son:

    • Apache 2, como servidor HTTP.
    • MySQL, como base de datos.
    • PHP como linguaxe de programación.
    • OpenLDAP como servizos de directorio.
    • Sedmail como servidor SMTP
Responsable

Ligazóns de intereseSoluciones Relacionadas