Estratexias en Administración electrónica
Nos últimos anos, particularizando para o ámbito estatal, as actuacións emprendidas foron moi importantes en todas as administracións, nacional, autonómica e local. Cada unha das administracións ten as súas estratexias pero os obxectivos en todas elas son moi similares. Non así, o nivel de avance e desenvolvemento dos servizos electrónicos. A Administración Xeral do Estado foi unha das pioneiras en desenvolver e implantar servizos telemáticos, pero o impulso decidido cara á eAdministración concrétase co plan Moderniza e continúase a través dos diferentes plans estratéxicos baixo os que se lanzan as diferentes iniciativas. O camiño percorrido pola eAdministración para as CCAA foi moi heteroxéneo pero, no entanto, a tendencia en todas elas seguiu a mesma traxectoria. Esta sección revisará as principais accións que as distintas administracións públicas están a realizar para impulsar a eAdministración e o estado no no que se atopan.