O servizo de buscador permite a procura de información nos portais e sedes dos Ministerios e os seus organismos dependentes.
Está baseado no motor de procura de Google na nube (Google Site Search - GSS). Este motor aproveita toda a potencia do buscador de Google de Internet en canto a capacidade de rastrexo e indexación e conta cunha ferramenta de xestión e administración que posibilita a personalización da clasificación da información e da realización das procuras.
A integración no portal pode ser directa a través dun API, ou ben a través dunha aplicación intermedia que fai de interface entre o portal e o motor de procura.
Características:
- Permite a creación de diferentes motores de procura que corresponden a un ou máis sites.
- No proceso de indexación créase un índice independente para cada motor de procura co que non afecta á clasificación dos sitios web no buscador xeral de Internet.
- Permite tres niveles de personalización da páxina de resultados.
- Permite o perfeccionamento dos resultados mediente a aplicación de etiquetas aos contidos.
- Multiidioma.
- Sinónimos.
- Patrocinados.
- Dispón dunha consola en liña para a administración do motor.