accesskey_mod_content
CTT - Centro de Transferencia de Tecnoloxía

Buscador da Administración Xeral do Estado

  • Descrición Funcional

    O servizo de buscador permite a procura de información nos portais e sedes dos Ministerios e os seus organismos dependentes.

    Está baseado no motor de procura de Google na nube (Google Site Search - GSS). Este motor aproveita toda a potencia do buscador de Google de Internet en canto a capacidade de rastrexo e indexación e conta cunha ferramenta de xestión e administración que posibilita a personalización da clasificación da información e da realización das procuras.

    A integración no portal pode ser directa  a través dun API, ou ben a través dunha aplicación intermedia que fai de interface entre o portal e o motor de procura. 

    Características:

    • Permite a creación de diferentes motores de procura que corresponden a un ou máis sites.
    • No proceso de indexación créase un índice independente para cada motor de procura co que non afecta á clasificación dos sitios web no buscador xeral de Internet.
    • Permite tres niveles de personalización da páxina de resultados.
    • Permite o perfeccionamento dos resultados mediente a aplicación de etiquetas aos contidos.
    • Multiidioma.
    • Sinónimos.
    • Patrocinados.
    • Dispón dunha consola en liña para a administración do motor. 

    Descrición Técnica

    A plataforma do Buscador AGE está baseado no motor de procura de Google na nube, GSS -Google Site Search - e App engine.

    Para a integración da solución de Buscador AGE nos portais públicos disponse de varias opcións.  Las tres opcións máis utilizadas son:

    • Integración directa.
    • Integración a través dunha aplicación-proxy.
    • Integración aplicación intermedia propia.

    A elección dunha ou outra depende de varios factores, entre eles as características do portal e as funcionalidades requiridas.

     

Responsable