accesskey_mod_content

Xestión Electrónica de Procedementos e Servizos: da Cultura do Documento á Cultura do Dato

  • Escoitar
  • Imprimir PDF
  • Compartir

Pago-express: un sistema avanzado de gestión del gasto y del pago mediante documentos electrónicos en la Universidad de Murcia

Autor: Rafael Ferrando Martínez
Entidade: Universidade de Murcia
O uso dos documentos e firma electrónicos, foron o motor de xestión para alcanzar un conxunto de obxectivos: automatismo na xestión de documentos, fluxo de información telemática na organización, redución do tempo empregado, e substitución da firma física pola electrónica. Con iso conséguese a axilización do proceso de pago, mantendo todas as garantías xurídicas que se lle esixe a unha administración pública.

Asignación telemática de vacantes en procesos selectivos do Ministerio de Administracións Públicas

Autor: Francisco José López Carmona
Entidade: Ministerio Administracións Públicas - DX da Función Pública
A Dirección Xeral da Función Pública ha posto en marcha un servizo para a solicitude telemática de vacantes en procesos selectivos dos corpos adscritos ao MAP. Os primeiros resultados mostraron a súa comodidade para os aspirantes aprobados, reducindo prazos e esforzo.

Firma Electrónica do funcionario no procedemento admisnitrativo. Proposta de certificado de atributos e novo sistema adicional de activación

Autor: Rafael Ferrando Martínez
Entidade: Universidade de Murcia
Proponse o desenvolvemento dun sistema de e-sinatura de atributos, que identifique de forma conxunta ao titular do posto de traballo e á Administración na que presta os seus servizos, activada coa captura e validación dun criptosistema biométrico. A implementación deste proceso de e-firma, ten que contemplar que un documento pode requirir mais dunha firma (cofirma).

GesCo. Xestión de Compras Integradas para o Concello de Xixón

Autor: Juan Pablo Pez Montenegro
Entidade: Seidor
O proxecto GesCo nace para dar resposta á necesidade do Concello de Xixón de agrupar procesos e procedementos de compras e contratación de servizos dentro do marco da administración electrónica.Trátase dun desenvolvemento a medida con vocación de estándar no control de adquisicións, contratos e provedores. GesCo será aplicación interna para o concello á vez que interface de comunicación cos cidadáns.

Geopista: Presente e futuro

Autor: Carlos Jesus Fortes Fortes
Entidade: COTESA
GeoPista es el Sistema de Información Territorial para Entidades Locales (Ayuntamientos, Diputaciones, etc) promovido por el Ministerio de Industria, Turismo y Comercio dentro del Plan Avanza.Las principales funcionalidades de Gestión Municipal que GeoPista aborda son las relativas a Gestión de Licencias, Concesiones y Autorizaciones, Planeamiento Urbanístico, Infraestructuras, Patrimonio y Catastro.

eco: Implantando "cultura electrónica" na Administración Pública

Autor: Jesús Rodriguez Leal
Entidad: Junta de Andalucía (Coordinación de Política Informática. D.G. de Innovación y Administraciones Públicas. Consejería de Innovación, Ciencia y Empresa)
Se ha desarrollado el proyecto e-CO, que permite que cualquier documento se pueda mover entre dos puntos cualquiera de la Junta de Andalucía de forma electrónica y con todas las garantías legales exigibles.

Telematización de la relación tributaria en la Delegación Central de Grandes Contribuyentes (DCGC) de la Agencia Tributaria.

Autor: Fernando de Pablo Martín
Entidade: Axencia Tributaria - Delelación Central de Grandes Contribuíntes.
Á DCGC adscríbense, as moi grandes empresas por facturación, as que presentan máis de 10.000 rexistros de información e as persoas físicas con moi altos ingresos ou patrimonio. A DCG recada aproximadamente o 40% de todos os ingresos da AEAT e xestiona o 80% da información tributaria declarada por terceiros.

Sistema de indicadores de calidade eléctrica, enerxía e facturación do Mº de Industria, Turismo e Comercio

Autor: Pablo Burgos Casado
Entidade: Ministerio Industria, Turismo e Comercio.
A aplicación permite realizar a consulta dos índices de calidade eléctrica (TIEPI e NIEPI) por provincias ou por CCAA para o catro zonas consideradas na aplicación (urbana, semiurbana, rural concentrada e rural dispersa). Cada unha destas zonas ten uns valores admisibles (non superar o percentil 80 durante dous anos seguidos) para estes parámetros.

Cliente xenérico para Trew@

Autor: Ramón Cano Sarabia
Entidade: XUNTA DE ANDALUCÍA. CONSELLERÍA DE SAÚDE. Delegación Provincial de Xaén
Se ha desarrollado un cliente para el entorno w@nda de la Junta de Andalucía, adaptando el modelo semántico de trew@. La implantación de este cliente en las Delegaciones Provinciales de Jaén y Granada de la Consejería de Salud, ha permitido incrementar la productividad de las secciones afectadas, así como dotar de una herramienta capaz de generar informes y permitir la explotación de la información.

Conservación de documentos electrónicos a longo prazo - Norma ISO 19005-1

Autor: Roberto Aboia de Veiga
Entidade: Adobe Systems Ibérica
En 2005 a organización internacional de estándares ISO publicou a norma 19005-1, tamén coñecida como PDF/A, que vén cubrir un baleiro importante existente ata entón: o formato dos documentos que deban ser conservados a longo prazo. Esta comunicación explica o escenario de uso deste formato, as súas características e algunhas normas a ter en conta de face conseguir o mellor resultado utilizando este formato.

Sistema Electrónico de Rexistro de Instalacións Eléctricas (SERIE)

Autor: Cristóbal Varela Artime
Entidade: Consellería de Innovación e Industria. Xunta de Galicia
SERIE é unha aplicación informática desenvolvida pola DX de Industria da Consellería de Innovación e Industria da Xunta de Galicia, que permite a tramitación telemática do procedemento de inscrición no rexistro de instalacións eléctricas de baixa tensión. A comunicación céntrase nos aspectos funcionais desta aplicación, que se atopa en funcionamento desde Xuño de 2007.

Sistema de Xestión da Protección do Instituto Nacional de Meteoroloxía

Autor: Xullo González Breña
Entidade: Dirección Xeral do Instituto Nacional de Meteoroloxía
Nos últimos anos, o Instituto Nacional de Meteoroloxía (INM) abordou a modernización dos seus procesos de traballo.Neste traballo analízase o esforzo organizativo realizado, que inclúe unha canle de xestión da documentación, apoiado na publicación electrónica da mesma desde a páxina do SGP, e na utilización da aplicación Mercurio para a xestión das incidencias de seguridade.

Proposta metodolóxica para a implantación de servizos telemáticos plenos na Administración Pública

Autor: Ignacio Rodriguez Diaz
Entidade: Concello de Xixón
O Concello de Xixón dotouse, desde o ano 2004, dunha metodoloxía e dunha plataforma tecnolóxica comercial que lle permiten prestar servizos telemáticos plenos de calquera natureza (licenzas, autorizacións, rexistros administrativos, etc.) con elevadas garantías de éxito. A metodoloxía desenvolvida, exportable a outras administracións é a que se describe, someramente, nesta comunicación.

Sistema de xestión e pago de taxas do Ministerio de Administracións Públicas

Autor: Daniel Gómez-Hidalgo Martínez
Entidade: Ministerio de Administracións Públicas
En consonancia coa lei 11/2007 de acceso electrónico dos cidadáns aos Servizos Públicos, aquelas persoas que tiñan grandes dificultades para chegar ás oficinas públicas, por motivos de localización xeográfica, de condicións físicas de mobilidade, tempo ou outros condicionantes saen beneficiadas con este servizo telemático.

OPEN-CITIES 2.0 - Evolución e casos de éxito

Autor: Guillermo Pastor García
Entidade: Andago Enxeñaría
Open-Cities é un proxecto opensource que xorde como iniciativa conxunta do Ministerio de Industria, Turismo e Comercio, a Universidade Politécnica de Madrid e a empresa Andago Enxeñaría, encadrado na convocatoria PROFIT de 2005. Open-Cities propón, define e implementa unha plataforma de interoperabilidade administrativa para o soporte da xestión de expedientes e o control do fluxo de actividades dentro dunha administración pública.

O Rexistro Municipal de Urbanismo de Castelló da Plana

Autor: Juan Barreda Barberá
Entidade: Excmo. Concello de Castelló da PlanaXCMO
Preténdese dar a coñecer o proceso de implantación do Rexistro Municipal de Urbanismo no Concello de Castelló da Plana, en cumprimento da obriga imposta pola normativa autonómica valenciana. Repásase a súa estrutura e funcionamento, as funcións que ha de desenvolver e os obxectivos que se expoñen.

Xestión de decretos electrónicos e portal do provedor.( Factura-Electrónica). No Concello de Manises: E-MANISES.

Autor: Pablo Linares Barañón
Entidade: Concello de Manisies
Dentro do proxecto de modernización E-Manises, entre outras actuacións, enmárcase a xestión de decretos dixitais e o portal do provedor. Este proxecto supón a evolución do proxecto de firma electrónica recoñecida e xestión documental posto en marcha polo Concello de Manises no ano 2003.

A Administración electrónica nos Servizos Sociais municipais

Autor: Antonio Alvarez Ramirez
Entidade: N2BSolutions S.L
Explicación das necesidades en tecnoligías da información que teñen as corporacións municipais no Area de benestar sociais e como habemos resuleto as mesmas grazas á nosa aplicación PROSERVIC.

A tramitación de expedientes patrimoniais a través da central de información de bens inventariables do estado (CIB)

Autor: Isabel Rérez González
Entidad: S. G. Aplicaciones de contabilidad y control - Intervención General de la Administración General del Estado - M. Economía Y Hacienda
O sistema de información CIBI móstranos como realizar unha xestión áxil do inventario dos bens inmobles da Administración Xeral do Estado partindo dos principios da Lei 33/2003, do Patrimonio das AAPP e dentro del de especial relevancia a tramitación dos expedientes patrimoniais.

Centralización do Sistema de Información de Atención Primaria: Historia Clínica Electrónica Integrada

Autor: Tomás García-Merás Jiménez
Entidade: Consellería de Sanidade da Comunidade de Madrid
A renovación tecnolóxica e centralización do Sistema de Información de Atención Primaria permite a integración da información clínica dos cidadáns e, ademais de consolidar a Historia Clínica Electrónica, é o paso previo para abrir a asistencia sanitaria a servizos xestionados mediante as novas tecnoloxías.