Reutilización da información do Sector Público
A Reutilización da Información do Sector Público (RISP) presenta un considerable potencial económico, xa que permite desenvolver novos produtos, servizos e mercados. Fomenta o desenvolvemento económico e a creación de postos de traballo na industria de contidos dixitais. Adicionalmente, a posta a disposición da información pública por parte das Administracións Públicas incrementa a transparencia administrativa, tendo un efecto de reforzo dos valores democráticos e habilitando a participación cidadá nas políticas públicas.