accesskey_mod_content

O validador oficial de documentos e expedientes ENI, no Punto de Acceso Xeral

"Noticia dispoñible unicamente con fins históricos e de hemeroteca. A información e ligazóns mostradas correspóndense cos que estaban operativos á data da súa publicación. Non se garante que continúen activos actualmente".

20 abril 2018

logo INSIDE

Xa está dispoñible na páxina do Punto de Acceso Xeral o validador oficial de expedientes e documentos adecuado ao Esquema Nacional de Interoperabilidade.

Para favorecer a implantación dos documentos e expedientes electrónicos en formado ENI (Esquema Nacional de Interoperabilidade) publicouse un validador oficial no Punto de Acceso Xeral(Abre en nova xanela) .

O validador permite, dado un documento ou un expediente, verificar se efectivamente cumpre cos requisitos mínimos de contido e formato que esixen as Normas Técnicas de Interoperabilidade de Documento e Expediente, respectivamente.

Este validador, accesible desde Internet, permite a calquera administración que estea en fase de adaptación ao ENI comprobar que os resultados que obtén cumpren coa normativa e son compatibles cos servizos comúns desenvolvidos pola Secretaría Xeral de Administración Dixital, servindo así de referente para as administracións públicas e empresas.

A solución INSIDE no CTT.

  • Cooperación interadministrativa
  • Interoperabilidade
  • Seguridade