A presente edición do informe Sociedade Dixital en España penétrase na análise dos efectos da Covid-19 sobre os hábitos tecnolóxicos das empresas e os cidadáns españois, e reflicte, á vez, o estado de desenvolvemento das infraestruturas e os servizos de telecomunicacións, así como o grao de avance na innovación e o despregamento das principais tecnoloxías de vangarda.
Como en anos anteriores, este traballo parte de tres fontes de información: a procedente dos principais indicadores sobre o ecosistema dixital, tanto nacionais como internacionais, outra que emana das enquisas a clientes das unidades de negocio de Telefónica e, finalmente, unha visión territorial desde as comunidades autónomas.
Sociedade Dixital en España pretende reflectir o camiño que está a seguir o noso país para converterse nunha sociedade en rede, unha transformación que se viu acelerada pola crise sanitaria que presenta numerosos desafíos, o máis importante dos cales é conseguir que ninguén quedei atrás, garantindo unha transición inclusiva.
Neste contexto, cobran especial relevancia dous conceptos asociados á transformación dixital: a e-Administración e o goberno aberto. En ambos os casos trátase de esquemas baseados na tecnoloxía.
O primeiro caso consiste en dixitalizar o funcionamento do sector público, tanto os seus procesos internos como a oferta de servizos ao cidadán.
Dentro do goberno aberto falamos dunha filosofía que parte dos principios de transparencia, para que o cidadán teña acceso a toda a información sobre o que se está facendo e como se está facendo, colaboración, entre as empresas, a sociedade civil e a Administración, e de participación activa da cidadanía nos asuntos públicos.
Fonte orixinal da noticia : Publicacións | Fundación Telefónica España (fundaciontelefonica.com)