- Posta en produción da nova aplicación do Rexistro Electrónico Xeneral
- Os cidadáns poden acceder á súa Historia Clínica na app “A miña Carpeta Ciudadana”
- Disponible a terceira versión oficial de Mi Carpeta Ciudadana
- A Seguridade Social comeza a publicar as súas notificacións no Enderezo electrónico Habilitado única
- A Dirección Xeral do Catastro inicia a publicación das súas notificacións na DEHú
- Novas versións da aplicación Autofirma v1.8
O portal Mancomún de Amtega cumpre dez anos
"Noticia dispoñible unicamente con fins históricos e de hemeroteca. A información e ligazóns mostradas correspóndense cos que estaban operativos á data da súa publicación. Non se garante que continúen activos actualmente".
12 maio 2016
A web de referencia do software libre en Galicia celebra unha década promovendo o software de código aberto en galego. Alberga, entre outras iniciativas, o Repositorio de Software Libre de Galicia no que hai rexistrados un total de 310 proxectos, dos cales 18 son proxectos liberados pola Xunta de Galicia.
O portal Mancomún da Axencia de Modernización Tecnolóxica de Galicia (Amtega) cumpre dez anos e súmase aos 70 portais da Administración autonómica que xa empregan o dominio ".gal". Este cambio enmárcase no compromiso recolleito no Decreto que regula a organización da presenza en internet da Administración xeral e do sector público autonómico de Galicia e que foi aprobado en maio de 2015.
Dez anos difundindo o software libre
O 10 de maio de 2016, o portal cumpriu unha década promovendo o software libre en galego na Comunidade. Mancomún naceu co obxectivo de ser o portal de referencia e aglutinador de todas as iniciativas sobre software libre que se están desenvolvendo en Galicia desde os diferentes ámbitos; institucional, empresarial, educativo, voluntariado, etc.
Neste dez anos Mancomún serviu de canle de comunicación pública no que informar das distintas iniciativas neste campo, non só da Administración Autonómica, senón tamén do resto de axentes promotores do software libre en Galicia; e proporcionar un conxunto integrado de servizos dirixidos a promover a difusión, formación, desenvolvemento ... do software libre en Galicia.
Desde 2006 o portal fíxose eco dunhas 4.650 noticias relacionadas co software libre e de particular interese para o sector publico, o sector empresarial e a cidadanía. Ademais publicáronse 40 entrevistas a empresas, persoas ou axentes de relevancia no campo do software libre. Nos últimos anos incorporáronse novas seccións, nas que se publicaron artigos tecnolóxicos e 22 números do boletín mensual de reutilización de software libre nas administracións públicas. Durante o ano 2015, o portal tivo unha media de 21.700 visitas mensuais cuns 3.900 visitantes distintos ao mes.
Repositorio de Software Libre
O portal integra tamén outros servizos que a Amtega pon a disposición de toda a cidadanía para o fomento do software libre como o Repositorio Documental de Software Libre, no que se publicaron máis de 160 materiais formativos e divulgativos con licenza libre e en formatos abertos desde o 2010, e o Repositorio de Software Libre de Galicia ou Forxa, no que hai rexistrados un total de 310 proxectos, dos cales 18 son proxectos liberados pola Xunta de Galicia.
Coincidindo con este décimo aniversario, no último trimestre do ano está previsto publicar unha nova versión do portal, que renovará contidos e estruturas e adecuarase ao seu uso nos dispositivos móbiles.
O portal Mancomún atópase federado co CTT en virtude do establecido no artigo 17 do ENI
Plan de software libre 2016
Doutra banda, e na mesma liña, a Amtega lanzou o Plan de software libre 2016 coa colaboración dos principais axentes do sector.
Os acordos asinados, cunha dotación conxunta de 125.000 euros, permitirán a realización dunhas 30 actuacións, que inclúen a tradución de Software Libre, a organización de xornadas, cursos, talleres, o fomento do software libre en proxectos de cooperación ou solidariedade social ou a formación en Software Libre nas Universidades.
- Software Libre
Destacados CTT
- Posta en produción da nova aplicación do Rexistro Electrónico Xeneral
- Os cidadáns poden acceder á súa Historia Clínica na app “A miña Carpeta Ciudadana”
- Disponible a terceira versión oficial de Mi Carpeta Ciudadana
- A Seguridade Social comeza a publicar as súas notificacións no Enderezo electrónico Habilitado única
- A Dirección Xeral do Catastro inicia a publicación das súas notificacións na DEHú
- Novas versións da aplicación Autofirma v1.8