Nesta cita, impulsada polo Ministerio de Industria, Enerxía e Turismo, polo Ministerio de Facenda e Administracións Públicas e pola Entidade Pública Rede.es, levarán a cabo unha serie de conferencias da man de expertos na materia, que formarán parte de mesas redondas especializadas en diversos campos.
O Encontro Achega desenvolverase ao longo de todo o día, e estará estruturado en dous partes: a “Xornada xeral sobre datos abertos”, que se celebrará durante a mañá, e o “Foro sectorial turismo”, que se desenvolverá en horario de tarde.
A Xornada xeral sobre datos abertos (9:30-14:00) organizarase en catro mesas redondas:
- Expansión e sustentabilidade das iniciativas públicas de datos abertos.
- A cultura do dato aberto.
- A calidade e interoperabilidade dos datos.
- O valor económico dos datos abertos.
Durante o Foro sectorial turismo (15:30-18:00) abordaranse aspectos relativos a:
- Casos de éxito de reutilización no sector do turismo.
- Datos abertos sobre turismo.