accesskey_mod_content

A Xunta de Galicia aproba a política de firma electrónica e de certificados

  • Opinar
  • Escoitar
  • Imprimir PDF
  • Compartir

"Noticia dispoñible unicamente con fins históricos e de hemeroteca. A información e ligazóns mostradas correspóndense cos que estaban operativos á data da súa publicación. Non se garante que continúen activos actualmente".

11 marzo 2014

A Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia da Xunta de Galicia publicou unha resolución pola que se aproba a política de firma electrónica e de certificados da administración xeral e do sector público autonómico de Galicia.

Pola resolución con data 25 de febreiro de 2014 (Abre en nova xanela) adóptase como política de firma electrónica e de certificados da Administración xeral e do sector público autonómico de Galicia a política de firma electrónica e de certificados da Administración xeral do Estado con algunhas especificidades que se indican no texto da resolución.

A Orde do 6 de febreiro de 2014 pola que se aproba o protocolo de identificación e firma electrónica da Administración xeral e do sector público autonómico de Galicia establece no seu artigo 3 que a administración xeral e o sector público autonómico de Galicia deberá adoptar unha política de firma electrónica e de certificados, que se harmonizará co establecido no Esquema Nacional de Interoperabilidade e as súas normas de desenvolvemento.

Con carácter xeral, unha política de firma electrónica é un documento legal que contén unha serie de normas relativas á firma electrónica, organizadas ao redor dos conceptos de xeración e validación de firma, nun contexto particular (contractual, xurídico, legal), definindo as regras e obrigas de todos os actores involucrados no proceso. O obxectivo é determinar a validez da firma electrónica para unha transacción en particular, especificando a información que debe incluír a persoa asinante no proceso de xeración da firma e a información que se debe comprobar no proceso de validación da mesma.

La política de firma electrónica y de certificados de la Administración general del Estado, es coherente con el ordenamiento autonómico y plenamente asumible en sus aspectos técnicos, por lo que, con su adopción, la Administración general y del sector público autonómico de Galicia pretende dar un paso claro para favorecer la interoperabilidad entre administraciones públicas, lo que redundará de una manera inmediata en la simplificación de trámites para los ciudadanos.

Máis información no CTT sobre Política de Firma

  • Identidade e Firma electrónica
  • Centro de Transferencia de Tecnoloxía