accesskey_mod_content

O traslado das xestións administrativas á rede aforrou máis de 16.000 millóns de euros en 2013

"Noticia dispoñible unicamente con fins históricos e de hemeroteca. A información e ligazóns mostradas correspóndense cos que estaban operativos á data da súa publicación. Non se garante que continúen activos actualmente".

08 maio 2014

Máis de 2.500 procedementos administrativos e servizos públicos, case un 96%, xa se xestionan de maneira electrónica.
 

O Ministerio de Facenda e Administracións Públicas continúa adaptando as xestións e as competencias que antes se realizaban de maneira presencial a un formato electrónico. Cada vez son máis os procedementos que agora se realizan telematicamente.

A petición de cita previa para renovar o pasaporte ou DNI, a declaración da Renda, a solicitude de bolsas, etc. Máis de 2.500 procedementos e servizos públicos, un 95% do total, xa se poden acceder de maneira electrónica. Ademais do aforro en papel e o incremento na eficacia e eficiencia dos trámites, este proceso de mellora permitiu aos cidadáns e ás empresas aforrar un total de 16.602.423.527 euros en 2013, segundo estiman fontes do ministerio. Segundo calcularon usando o modelo de custos estándar da Unión Europea, realizar un trámite administrativo por Internet e non de maneira presencial aforra de media uns 75 euros por xestión.

Desde o cinco anos que a Dirección Xeral de Modernización Administriva, Procedementos e Impulso da Administración Electrónica leva traballando neste proceso, o 100% dos cidadáns xa solicita unha cita previa para a expedición e renovación do pasaporte e consulta as súas prestacións na rede. No entanto, a presentación da declaración da renda é o procedemento que se segue resistindo á era dixital. Só un 63,61% dos cidadáns presenta o borrador usando os servizos electrónicos. «Aínda existe a tentación de imprimir a documentación e levalo á oficina», explican desde o ministerio.

«A administración electrónica ten que seguir loitando contra a fenda dixital», afirman fontes do ministerio. E nesta loita non só conta o aforro monetario. Co plan Emprende en 3, o prazo para a creación de empresas reduciuse de 41 días a só tres. Con todo, de momento só 100 concellos están adheridos ao proxecto.

Fonte orixinal da noticia(Abre en nova xanela)

  • Cidadán
  • Servizos electrónicos