accesskey_mod_content

Novos informes para os administradores de iniciativas

  • Opinar
  • Escoitar
  • Imprimir PDF
  • Compartir

"Noticia dispoñible unicamente con fins históricos e de hemeroteca. A información e ligazóns mostradas correspóndense cos que estaban operativos á data da súa publicación. Non se garante que continúen activos actualmente".

19 setembro 2011

Consulta o éxito da túa iniciativa no CTT

Os administradores de calquera iniciativa no CTT teñen ao seu dispor a posibilidade de xerar informes de consulta e uso da súa iniciativa que lles proporcionarán información moi interesante con respecto ao interese que está a espertar a súa iniciativa no CTT.

Os informes dispoñibles para o período de tempo que se seleccione son:

  • Bitácora de descargas. Recolle unha entrada por cada unha das descargas realizadas desde a “área de descargas”. Rexistrándose os datos concretos (quen, cando e como) da descarga realizada.
  • Accesos e descargas. Recolle unha entrada con datos agregados por cada día do período indicado. Rexístranse o número de accesos (consultas) a cada unha das pestanas da iniciativa e o número de descargas de ficheiros realizadas desde a área de descargas.

Os datos estatísticos atópanse dispoñibles desde o 1 de Xuño de 2011.

O acceso a estes “informes” realízase, unha vez autenticado co teu usuario, desde o apartado “As miñas iniciativas”. Para cada unha das iniciativas das cales sexa administrador apareceralle a ligazón “Informes”, xunto ás ligazóns “ver iniciativa” e “administración”.