accesskey_mod_content

Liberación da Aplicación Web de Xestión de oficinas de Rexistro – AWR

"Noticia dispoñible unicamente con fins históricos e de hemeroteca. A información e ligazóns mostradas correspóndense cos que estaban operativos á data da súa publicación. Non se garante que continúen activos actualmente".

04 outubro 2011

A Dirección Xeral para o Impulso da Administración Electrónica acaba de liberar, baixo licencia EUPL v1.1 unha aplicación web para a Xestión de Oficinas de Rexistros, denominada polas súas siglas AWR

De forma resumida, AWR é unha solución integral que dá cobertura a un dobre obxectivo. En primeiro lugar, serve como ferramenta de rexistro de documentos de entrada e de saída das oficinas de rexistro e está adaptada á Norma Técnica de Interoperabilidade SICRES 3.0. Así mesmo, permitiría a integración co Sistema de Interconexión de Rexistros – SIR (artigo 34.4 da Lei 11/2007) de forma nativa, a condición de que se acordasen as condicións técnicas e xurídicas de interoperabilidade entre a DX para o Impulso da Administración Electrónica e o organismo interesado.

Por tanto, tendo en conta estas interesantes características, de interese para calquera administración público, trátase dun produto altamente reutilizable. Ademais, a súa liberación como software libre, facilita realizar unha evolución e desenvolvemento colaborativo entre todas as administracións interesadas, permitindo deste xeito economizar e optimizar os recursos dispoñibles.

Pode atopar máis información sobre esta iniciativa no CTT.

Ademais, a Forxa de desenvolvemento colaborativo do CTT, será o motor e o soporte do futuro desenvolvemento colaborativo desta iniciativa. Todas as descargas tanto de executables, como de documentación e por suposto do código fonte atópanse dispoñibles na forxa.

 

NOTA: A solución AWR foi abandonada e xa non se ofrece a través do CTT.

  • Goberno aberto
  • Software Libre
  • Centro de Transferencia de Tecnoloxía
Punto de Acceso Xeral
 
Punto de Acceso Xeral