accesskey_mod_content

ORVE cumpre todos os requisitos en materia de Rexistros previstos na Lei 39/2015

25 outubro 2019

Logo ORVE

ORVE conta coas funcionalidades necesarias para estar completamente adaptado á Lei 39/2015, proporcionando un rexistro electrónico interoperable e interconectado.

O servizo compartido de Rexistro ORVE (Oficina de rexistro Virtual) da SGAD (Secretaría Xeral  de Administración Dixital) permite o intercambio rexistral ente as OAMR (Oficinas de Asistencia en Materia de Rexistros).

Anteriormente ORVE só realizaba o intercambio de asentos rexistrais con outras administracións integradas en SIR (Sistema de Interconexión de Rexistros).

Desde novembro de 2018, ORVE non precisa de ningunha aplicación adicional para proporcionar o servizo completo de rexistro a unha administración pública nos termos previstos no artigo 16 da Lei 39/2015, de 1 de outubro, do Procedemento Administrativo Común das Administracións Públicas.

ORVE permite tamén a realización de asentos de entrada para o propio organismo (presentacións no seu portelo para eles mesmos) e saídas para cidadáns, empresas e outras administracións que aínda non estean integradas en SIR.
 
Ademais ORVE dispón de servizos web que son adecuados para integralo con outras aplicacións de xestión das Administracións que utilicen ORVE como Rexistro e coas sedes electrónicas das devanditas administracións. Están dispoñibles servizos web de consulta para extraer a información de ORVE e servizos web de rexistro con anotación do apuntamento registal e eventualmente envío por SIR.

Máis información na solución ORVE do CTT

  • Centro de Transferencia de Tecnoloxía
  • Infraestruturas e servizos comúns
Punto de Acceso Xeral
 
Punto de Acceso Xeral