O pasado 20 de setembro de 2018 entrou en vigor a maioría das provisións do novo Real Decreto 1112/2018, do 7 de setembro, sobre accesibilidade dos sitios web e aplicacións para dispositivos móbiles do sector público que traspón ao ordenamento xurídico español a Directiva (UE) 2016/2102 do Parlamento Europeo e do Consello, do 26 de outubro de 2016, sobre a accesibilidade dos sitios web e aplicacións para dispositivos móbiles dos organismos do sector público (Abre en nova xanela) .
Desde entón recibíronse numerosas consultas sobre algúns dos seus preceptos, o modo de aplicalos e os prazos nos que debe facerse, especialmente desde o punto de vista das administracións públicas que son as entidades obrigadas a aplicalo. Por esta razón, desde o Observatorio de Accesibilidade Web preparáronse estes materiais:
- Resumo do RD 1112/2018 para persoas interesadas. Preparado desde a perspectiva dos usuarios dos sitios web e aplicacións móbiles do sector público que serán os beneficiados da aplicación deste Real Decreto.
- Resumo do RD 1112/2018 para as Entidades Obrigadas. Preparado desde a perspectiva das diferentes entidades públicas (e privadas) que teñen que aplicar os requirimentos do RD 1112/2018.
Estes documentos inclúen tamén materiais gráficos orientados a aclarar o contexto e a facilitar a difusión e concienciación dentro das administracións públicas.
Todos os materiais están xerados con licenzas creative commons para facilitar a súa reutilización e aproveitamento por todas as administracións públicas sendo posible modificalos para adaptalos ás súas necesidades concretas.
Por último, tamén se xerou a sección de Preguntas Preguntas Frecuentes al respecto del Real Decreto dónde se irán publicando aquellas preguntas que puedan ser de interés a todos los actores interesados.