Este Catálogo recolle unha listaxe de produtos aprobados para o manexo de información clasificada e de produtos e servizos cualificados para o manexo de información sensible, de forma que poida servir de referencia á Administración Pública.
O CPSTIC achega o nivel óptimo de confianza ao usuario final, con base en melloras de seguridade derivadas do proceso de avaliación e certificación, sen esquecernos do procedemento de emprego seguro.
Nesta guía poderá atopar os produtos clasificados en:
- Produtos aprobados: aqueles que se consideran adecuados para o manexo de información clasificada.
- Produtos certificados: aqueles que cumpren os requisitos de seguridade mínimos esixidos para o manexo de información sensible no ENS (en todas as súas categorías: ALTA, MEDIA e BÁSICA).