Esta ferramenta desenvolvida pola Avogacía Española e posta a disposición das Comisións de Asistencia Xurídica Gratuíta estatais e autonómicas proporciona unha axilización notable do acceso a un dereito fundamental do cidadán como é a Xustiza Gratuíta, facilitando os seus trámites, á vez que supón un aforro de custos para a Administración.
O Expediente Electrónico de Xustiza Gratuíta recompila de forma segura e automática os documentos requiridos para xustificar a solicitude do dereito á xustiza gratuíta, achega transparencia na xestión, elimina os erros do expediente administrativo e reduce o custo económico e os prazos de tramitación ata en 40 días.
O sistema desenvolvido pola Infraestrutura Tecnolóxica da Avogacía Española, RedAbogacía, xa conecta a case 70 Colexios de Avogados de forma telemática e sinxela con institucións como a Axencia Tributaria, o Instituto Nacional da Seguridade Social e a súa Tesouraría Xeral, a Dirección Xeral do Catastro ou o Instituto Nacional de Emprego, tamén con organismos de comunidades autónomas con competencias en Xustiza.