O Observatorio de Accesibilidade Web continúa preparando materiais de axuda que sirvan de apoio para a aplicación do novo estándar UNE 139803:2012 (equivalente ao WCAG 2.0).
Aos materiais xa existentes na apartado "Transición a UNE 139803:2012" incorpórase agora unha nova guía, " Guía de Transición UNE 139803:2004 a 139803:2012 " que é unha guía de axuda aos deseñadores e desenvolvedores web para realizar a transición dos sitios web que xa cumpren a norma anterior UNE 139803:2004. Nela explícanse que novos requisitos hai que cumprir, cales variaron na súa orientación e mesmo cales xa non é necesario cumprir. Esta nova guía publicouse no tradicional formato PDF e como novidade en formato EPUB para facilitar a súa consulta e lectura.
Ademais, os xestores de portais das administracións públicas poden solicitar formar parte da Comunidade Accesibilidade na que se comparten coñecementos desta temática. Animámosvos a usar os foros dispoñibles para expor dúbidas con respecto á aplicación da norma UNE 139803:2012.