Nesta área o orzamento total para o próximo ano alcanza os 1,4 millóns, dos que se asignou unha partida de 211.091 euros para o plan de administración electrónica.
A Deputación prevé poder finalizar no exercicio 2014 a implantación da administración electrónica nos concellos dos municipios máis pequenos da provincia.
O plan achega aos municipios a sede electrónica, enderezo electrónico de referencia para que calquera cidadán poida tramitar electronicamente co seu concello sen desprazarse do seu domicilio, e o taboleiro de anuncios, onde se pode consultar de forma telemática os anuncios de materias de competencia municipal e doutras Administracións Públicas.
0 Comentarios
Non hai comentarios