Esta estratexia enmárcase no compromiso adquirido polo presidente asturiano, o socialista Javier Fernández, e polo conselleiro de Presidencia, Guillermo Martínez, por deseñar "un modelo de administración autonómica solvente, transparente e responsable", que terá a súa articulación normativa na futura Lei de Transparencia e Bo Goberno do Principado de Asturias.
O Goberno do Principado aproveitará a súa experiencia en administración electrónica e a estratexia abordarase desde unha perspectiva dual: por unha banda, mediante o acceso libre, aberto e gratuíto aos datos e información pública e, por outro, promovendo as canles necesarias para a participación directa dos asturianos e asturianas.
0 Comentarios
Non hai comentarios