Este sistema consiste na posta a disposición dos membros das Mesas electorais dunha serie de ferramentas informáticas que facilitan a xestión, serven de apoio ás tarefas que desempeñan os seus membros e garante a seguridade do procedemento. Ademais, é máis rápido porque permite a identificación do votante nas listas do censo e cubrir as Actas da Mesa de maneira practicamente automática.
Ademais das Mesas Administradas Electronicamente despregaranse novos avances que permitirán un significativo aforro en papel, ofrecerá aos electores con algunha discapacidade visual, coñezan ou non “Braille”, votar a través dun computador cun sistema de voz e estenderá a todos os municipios de máis de 2.000 electores a utilización de dispositivos electrónicos para a transmisión de datos durante a xornada electoral.