Deste xeito, a través destes centros promovidos por o CCN-CERT , concellos e deputacións terán máis visibilidade e información sobre vulnerabilidades, fallos de configuracións e incidentes, maior capacidade de despregamento, protección e actuación, ao dispor dunha xestión centralizada que permitirá aumentar o número de entidades adscritas a cada centro virtual.
Os Centros de Operacións de Seguridade virtuais (vSOC) que nacen como resposta ao crecente número de ciberataques e o perigo que estes supoñen para os países, inician o seu labor de protección na parte perimetral, dado que resulta prioritario asegurar a súa correcta configuración. Hai ata un total de tres modalidades de implantación destes centros que, en función do seu nivel (vSOC inicial, vSOC e vSOC Avanzado) permitirán unha maior monitorización de seguridade.
As entidades locais, ao estar adscritas aos diferentes vSOC, poderán formar parte da comunidade de referencia conformada polo CCN-CERT e as entidades e organismos cos que coopera na creación dun ciberespazo máis seguro e confiable, e recibirán tamén o apoio deste organismo na xestión da Seguridade das Tecnoloxías da Información e Comunicación. O valor fundamental desta cooperación reside no intercambio de información sobre incidentes, actividade que permite mellorar e axilizar a detección e actuación fronte a posibles ataques..
Así mesmo, o CCN-CERT ofrece unha serie de servizos concretos ás entidades locais adscritas aos vSOC, entre os que destacan a asistencia en remoto e presencial en caso de incidente, así como a axuda na súa resolución, a notificación de incidentes, o asesoramento en ciberseguridade, a remisión de alertas sobre vulnerabilidades e a análise forense dixital, entre outros.