O evento, organizado polo Concello de Rivas Vaciamadrid, conta coa colaboración da Rede Innolabs (rede de laboratorios de innovación iberoamericanos) e de MediaLab Prado.
Abordaranse temas sobre o ecosistema do software libre nas administracións públicas en España, sobre as claves para desenvolver unha comunidade de software libre no sector público e sobre as boas prácticas na materia, entre outros.