“O reto de crear valor público para o cidadán" é a lema desta edición do VII Congreso Nacional de Innovación e Servizos Públicos .
A Administración está inmersa nun proceso de transformación acelerada. A distinción entre a administración tradicional e a administración electrónica está despareciendo cos últimos avances normativos e a evolución das nosas institucións. A Innovación e os Servizos Públicos son os protagonistas, xunto coas persoas que os fan posibles.
Tras o éxito do seis edicións anteriores, os días 22 e 23 de febreiro de 2017 celebrarase novamente en Madrid o VII Congreso Nacional de Innovación e Servizos Públicos. Un foro de encontro para debater sobre como xestionar a transformación dixital nas nosas administracións e como aplicar solucións innovadoras analizando as novas tendencias.
O VII Congreso CNIS servirá para:
- Pór en valor o traballo realizado por moitas administracións
- Facilitar a outras administracións a toma de decisións e a mellor planificación de actuacións futuras, tanto para o cumprimento das esixencias das normas como para a mellor e máis eficiente xestión dos proxectos e servizos que xestionan
- Acrecentar unha ampla base de boas prácticas que sirva ao resto de administracións como un referente a seguir.
- Ofrecer información, formación e foros de Debate a todos os axentes implicados na Transformación Dixital e organizativa das nosas Administracións.
- Pór en coñecemento e práctica, a adecuación da normativa vixente.
- Coñecer plataformas interoperables e únicas para os servizos públicos.
- Dar prioridade aos proxectos colaborativos para as Administracións Públicas.
- Fortalecer as relacións entre o público e o privado.
- Saber ben onde dirixir os investimentos e xestionar proxectos sustentables.
- Identificar as tendencias máis actuais dos desenvolvementos da administración electrónica.
Novamente o Congreso CNIS contará co apoio do FNMT-RCM e solicitarase así mesmo da FEMP, MINHAP, CCN/CERT, MINECO e MINETUR. Estas institucións viñeron prestando o seu apoio a Club de Innovación no circuíto de xornadas realizado desde o 2010, en coorganización con Comunidades Autónomas, Deputacións e Concellos Máis de 4.400 rexistrados ao longo do ciclo.