accesskey_mod_content

Identificación de usuarios mediante Autentica

  • Escoitar
  • Imprimir PDF
  • Compartir

"Noticia dispoñible unicamente con fins históricos e de hemeroteca. A información e ligazóns mostradas correspóndense cos que estaban operativos á data da súa publicación. Non se garante que continúen activos actualmente".

12 xullo 2018

Despregouse a nova versión de InSide (versión 2.0.25.3) que inclúe unha serie de novas funcionalidades e correccións

InSide é un sistema para a xestión de documentos e expedientes electrónicos que cumpre os requisitos para que ambos poidan almacenarse e/ou obterse segundo o ENI, esquema que establece as normas básicas para o intercambio e almacenamento de documentos e expedientes electrónicos. Supón a xestión documental integramente electrónica dos documentos da xestión viva do expediente, como paso previo ao arquivado definitivo da documentación nun formato interoperable e duradeiro.

As novidades máis relevantes que se despregaron na nova versión son as seguintes:

  • Identificación mediante Autentica. Nesta primeira fase, activouse a identificación dos usuarios con Autentica. As altas de novos usuarios así como a xestión dos roles seguiranse realizando en Inside. Se un usuario desexa entrar por Autentica, deberá seleccionar o botón "Autentica". Neste punto poderán darse os seguintes escenarios:
  1. Usuarios dado de alta Autentica.
    1. Usuario dado de alta en Inside. Se o usuario xa está dado de alta en Inside, mostrarase a pantalla de inicio de Inside coa súa unidade orgánica asociada.
    2. Usuario non dado de alta en Inside. Se o usuario non está dado de alta en Inside, mostrarase a pantalla de inicio de GInside (modo invitado).
  2. Usuario non dado de alta en Autentica. Mostrarase unha pantalla, cunha ligazón ao formulario de alta en Autentica. Unha vez que o usuario solicite o alta e reciba a confirmación de Autentica, xa poderá acceder mediante este novo botón podendo reproducirse os escenarios 1.1 e 1.2 do apartado anterior.
  •  Soluciónase visualización de documentos grandes. Móstrase unha ligazón de descarga se supera o 2MB.
  •  Soluciónase un problema na web service convertirDocumentoAEni. Se se asina con CSV é obrigatorio o campo regulación, evitando a xeración de documentos ENI non válidos.
  •  Actualización de librarías de Spring.
  •  Inclúese posibilidade de realizar envíos ao cargador con parámetros pezas.
  •  Inclúese paginación expedientes almacenados.
  •  Outras melloras e correccións menores.

Máis información na Solución InSiDe do CTT