O Premio de Nacións Unidas ao Servizo Público (United Nations Public Service Awards, UNPSA) é o máis prestixioso recoñecemento internacional á excelencia no servizo público. Prémianse os logros creativos e as contribucións das institucións de servizo público que conducen a unha administración pública máis eficaz e sensible nos países de todo o mundo. A través dun concurso anual, os Premios das Nacións Unidas ao Servizo Público promoven o labor, a profesionalidade e a visibilidade do servizo público.
As Nacións Unidas ha iniciado o prazo para aceptar candidaturas para os Premios UNPSA 2017, prazo que estará aberto ata o 28 de febreiro de 2017.
En 2017, as candidaturas para os premios divídense en tres categorías:
- Integración dos máis pobres e vulnerables a través de servizos inclusivos e de participación.
- Promoción da transparencia, a rendición de contas e a integridade no servizo público.
- Innovación e excelencia na prestación de servizos de saúde.
Los premios serán entregados el 23 de junio de 2017, durante la celebración del Foro de Naciones Unidas sobre el Servizo Público, que terá lugar en Holanda. O 23 de xuño é o Día do Servizo Público das Nacións Unidas, cuxa finalidade é celebrar "o valor e a excelencia que o servizo público teñen para a sociedade; destacar a contribución dos servizos públicos no proceso de desenvolvemento; recoñecer o traballo dos funcionarios públicos, e estimular aos mozos a seguir carreiras no sector público". Desde a primeira entrega dos premios no 2003, Nacións Unidas recibiu un número crecente de nomeamentos de todo o mundo.