accesskey_mod_content

Nova funcionalidade de FORMA en produción

  • Escoitar
  • Imprimir PDF
  • Compartir

"Noticia dispoñible unicamente con fins históricos e de hemeroteca. A información e ligazóns mostradas correspóndense cos que estaban operativos á data da súa publicación. Non se garante que continúen activos actualmente".

14 setembro 2018

Poderanse asignar varios administradores a un mesmo formulario.

O sistema FORMA é un sistema que permite xerar formularios e enquisas para o seu enchemento vía web. Proporciona ao editor a posibilidade de crear formularios, sen necesidade de coñecementos de programación e que poden ser autoadministrados por cada editor.

Púxose en produción unha nova funcionalidade en FORMA para facilitar a xestión dos formularios e as súas respostas. A partir de agora poderase nomear máis dun administrador do formulario, dándolles a oportunidade de xestionar o este formulario coma se fose o autor orixinal. Desta forma poderase traspasar a xestión dun formulario a outro membro do PAe con perfil “Administración”.

Os distintos perfís de xestión dos formularios de FORMA son:

  • O perfil administrador poderá realizar as seguintes funcións: editar, copiar, acceder á vista previa, eliminar formularios, consultar as respostas, abrir ou pechar formularios, reabrir formularios pechados para usuarios concretos, publicar o formulario e dar permisos a outros usuarios.
  • O perfil modificación e consulta poderá editar, copiar, acceder á vista previa, consultar respostas, abrir e pechar o formulario e publicalo.
  • O perfil consulta unicamente poderá consultar as respostas do formulario.

Os formularios en FORMA deben ter como mínimo un administrador; unha vez que o autor orixinal dun formulario de de alta outro administrador poderase quitar a si mesmo da xestión do este formulario, deixando de velo na súa listaxe de formularios.

A configuración dos permisos a outros usuarios é única para cada formulario de FORMA.

Máis información na solución Forma do CTT.

  • Centro de Transferencia de Tecnoloxía