accesskey_mod_content

O Concello de Alacante intégrase no SIR para o intercambio rexistral entre administracións, a través da aplicación de rexistro ORVE

  • Escoitar
  • Imprimir PDF
  • Compartir

"Noticia dispoñible unicamente con fins históricos e de hemeroteca. A información e ligazóns mostradas correspóndense cos que estaban operativos á data da súa publicación. Non se garante que continúen activos actualmente".

14 xuño 2016

O Concello de Alacante súmase aos máis de 750 municipios que optaron por ORVE como aplicación de intercambio rexistral con outras Administracións Públicas. Continúa así o despregamento de ORVE/SIR nos grandes Concellos das Comunidades Autónomas que teñen asinado o Convenio que lles posibilita o uso da aplicación ORVE.

O 9 de xuño o Concello de Alacante incorporouse aos municipios que utilizan a aplicación de rexistro ORVE para intercambiar asentos rexistrais electrónicos entre administracións.

Los más de 200.000 ciudadanos de Elche podrán presentar sus registros electrónicamente dirigidos al resto de municipios integrados, organismos de las Comunidades Autónomas integrados en SIR y a todos los organismos de la Administración General del Estado.  La tramitación electrónica con digitalización en los puestos de ventanilla con plena validez jurídica  multiplica la eficacia administrativa puesto que la recepción en destino se realiza en minutos y los costes se reducen del orden de 4 euros por envío realizado.

O Concello de Alacante con 332.067 habitantes, únese á lista de municipios de máis de 200.000 habitantes que utilizan ORVE: Las Palmas de Gran Canaria, Valladolid,  Xixón, Elxe, Oviedo, Móstoles, Santa Cruz de Tenerife e  Alcalá de Henares.

Máis información sobre as solucións ORVE e SIR no CTT.

  • Interoperabilidade e Normalización
  • Infraestruturas e servizos comúns