accesskey_mod_content

Publicación da nova versión distribuible de ARQUIVE

  • Escoitar
  • Imprimir PDF
  • Compartir

"Noticia dispoñible unicamente con fins históricos e de hemeroteca. A información e ligazóns mostradas correspóndense cos que estaban operativos á data da súa publicación. Non se garante que continúen activos actualmente".

07 xullo 2016

A versión v.1.2.1 inclúe un gran número de melloras, como o redeseño de pantallas de xestión de usuarios e aplicacións remisoras de SIPs.

Publicouse unha nova versión do paquete distribuible da aplicación ARQUIVE. Do mesmo xeito que a anterior versión, esta inclúe o código fonte con licenza EUPL así como os binarios, librarías e a documentación necesaria para a súa instalación.

As novas funcionalidades e correccións inclúen a solución de varios erros, mellora e redeseño das pantallas de xestión de usuarios e aplicacións remisoras de SIPs, mellora dos procesos de preingreso de expedientes, funcionalidade para comprobar a corrección dos servizos de notificación das aplicacións, mellora da rastrexabilidade das accións sobre os expedientes, asignación de identificador único a cada SIP, etc.

Máis información na área de descargas descargas da solución ARQUIVE do CTT.

  • Centro de Transferencia de Tecnoloxía
  • Infraestruturas e servizos comúns