accesskey_mod_content

Éxito do portal de Interoperabilidade Pasaxe! da Xunta de Galicia.

  • Opinar
  • Escoitar
  • Imprimir PDF
  • Compartir

"Noticia dispoñible unicamente con fins históricos e de hemeroteca. A información e ligazóns mostradas correspóndense cos que estaban operativos á data da súa publicación. Non se garante que continúen activos actualmente".

25 novembro 2014

Esta ferramenta evitou a presentación de 30.000 documentos a cidadáns e empresas desde a súa posta en marcha fai cinco meses.

O Portal de Interoperabilidade Pasaxe! rexistrou desde a súa posta en marcha, fai seis meses, 30.000 consultas desde os diferentes departamentos autonómicos, o que implica que se evitou o pedimento de 30.000 documentos ou certificados a cidadáns e empresas para a realización de trámites administrativos.

Pasaxe! é a plataforma tecnolóxica que permite o intercambio de información entre as administracións autonómica, estatal e local, evitando ao cidadán achegar documentación que xa está en poder das administracións públicas, cumprindo así cos deberes establecidos na Lei 11/2007 de 22 xuño de acceso electrónico das cidadás aos servizos públicos.

Desde o seu arranque Pasaxe! foi incorporando novos servizos ata conseguir os 27 actuais e ao longo do ano conseguiranse máis de 30 como o título de familia numerosa, ou o certificado de discapacidade, entre outros. Ademais, a Xunta porá a disposición dos concellos o nodo de interoperabilidade, o que lles permitirá acceder os servizos de interoperabilidade da Administración Xeral do Estado .

Este servizo, ademais de axilizar os trámites, é de especial importancia para o cidadán, xa que evitará que teñan que presentar documentos coa mesma información en distintas Administracións. É un factor fundamental, para que os cidadáns poidan resolver as súas xestións coas administracións públicas nun único procedemento ou trámite, independentemente do nivel administrativo ao que se acheguen

Aforro de 5 millóns de euros
A posta en marcha de Pasaxe! enmárcase nas medidas do Plan de Modernización da Administración autonómica da Xunta. Co obxectivo de aumentar os aforros aos cidadáns e empresas galegas que interactúan coa Administración autonómica, perséguese aumentar un 300% o número de consultas de interoperabilidade realizadas alcanzando en 2015 a cifra de 1.000.000 de consultas.

Conseguindo este obxectivo, estímase unha diminución de cargas administrativas anual de 5.550.000 euros aos cidadáns e empresas galegas, aplicando o método simplificado de medición de cargas administrativas e da súa redución aprobada pola Xunta de Galicia.

Fonte orixinal da noticia(Abre en nova xanela)

  • Cidadán
  • Interoperabilidade