A Proposta para unha Directiva do PARLAMENTO EUROPEO E DO CONSELLO sobre a accesibilidade dos sitios web do sector público e os sitios web operados por entidades que desempeñan tarefas públicas foi tratada na sesión plenaria do Parlamento Europeo do pasado 26-2-2014. Nela procedeuse á súa aprobación por 593 votos a favor e 40 en contra con 13 abstencións. Este voto constitúe a posición de primeira lectura do Parlamento Europeo que o Consello de Ministros pode aceptar ou adoptar a súa propia posición para discusión posterior no Parlamento.
A versión aprobada polo Parlamento ten unha aproximación máis ambiciosa que a proposta inicial da Comisión posto que esixe aos estados membros que todas a súa web públicas sexan accesibles no canto da listaxe de 12 categorías que se propuxo inicialmente. Ademais, o Parlamento tamén quere que estas normas de accesibilidade apliquen aos sitios xestionados por entidades privadas pero que desempeñan tarefas públicas como a provisión de gas, electricidade, auga, transporte, saúde, educación, etc. Contémplase unha excepción para o micro-pemes (de menos de 12 empregados).
Fonte orixinal da noticia