accesskey_mod_content

O Parlamento Europeo dá o seu primeiro visto e prace á futura Directiva de Accesibilidade.

  • Opinar
  • Escoitar
  • Imprimir PDF
  • Compartir

"Noticia dispoñible unicamente con fins históricos e de hemeroteca. A información e ligazóns mostradas correspóndense cos que estaban operativos á data da súa publicación. Non se garante que continúen activos actualmente".

05 marzo 2014

Segundo o texto aprobado a futura directiva de accesibilidade afectará a todos os sitios web xestionados ou financiados por entidades públicas e tamén aos sitios web operados polo sector privado pero que desempeñen servizos públicos.

A Proposta para unha Directiva do PARLAMENTO EUROPEO E DO CONSELLO sobre a accesibilidade dos sitios web do sector público e os sitios web operados por entidades que desempeñan tarefas públicas foi tratada na sesión plenaria do Parlamento Europeo do pasado 26-2-2014. Nela procedeuse á súa aprobación por 593 votos a favor e 40 en contra con 13 abstencións. Este voto constitúe a posición de primeira lectura do Parlamento Europeo que o Consello de Ministros pode aceptar ou adoptar a súa propia posición para discusión posterior no Parlamento.

A versión aprobada polo Parlamento ten unha aproximación máis ambiciosa que a proposta inicial da Comisión posto que esixe aos estados membros que todas a súa web públicas sexan accesibles no canto da listaxe de 12 categorías que se propuxo inicialmente. Ademais, o Parlamento tamén quere que estas normas de accesibilidade apliquen aos sitios xestionados por entidades privadas pero que desempeñan tarefas públicas como a provisión de gas, electricidade, auga, transporte, saúde, educación, etc. Contémplase unha excepción para o micro-pemes (de menos de 12 empregados).

Fonte orixinal da noticia (Abre en nova xanela)

Proposta inicial de directiva COM(2012)0721(Abre en nova xanela)  

Evolución do desenvolvemento da directiva(Abre en nova xanela)

  • Accesibilidade
  • Servizos electrónicos