accesskey_mod_content

O servizo do Portal da Transparencia na nube ampla a súa dispoñibilidade para todas as Entidades locais que soliciten a súa adhesión

  • Opinar
  • Escoitar
  • Imprimir PDF
  • Compartir

"Noticia dispoñible unicamente con fins históricos e de hemeroteca. A información e ligazóns mostradas correspóndense cos que estaban operativos á data da súa publicación. Non se garante que continúen activos actualmente".

04 decembro 2015

A Comisión de Seguimento aproba admitir a todas as Entidades locais que xa estaban en lista de espera e a todas aquelas novas que soliciten a súa adhesión ao servizo.

A Comisión de Seguimento do Acordo Marco de colaboración asinado  pola Secretaría de Estado da Administración Pública – MINHAP- e a Federación Española de Municipios e Provincias –FEMP- para promover e facilitar  o desenvolvemento da Lei 19/2013, do 9 de decembro, de transparencia, acceso á información pública e bo goberno,  nas Entidades locais, acordou no día de onte, habilitar  o acceso ao servizo do Portal da Transparencia na nube, de maneira inmediata,  a todas as EELL que estaban en lista de espera  e estender estas condicións a  todas as EELL que desexen facer uso das ferramentas que, de forma gratuíta, pon ao seu dispor a Dirección de Tecnoloxías da Información e as Comunicacións.

No momento actual, son xa máis de 1200 as EELL adheridas ao servizo e máis de 700 os Portais que se están xa construíndo e que poderán porse a disposición dos cidadáns nas próximas datas.

Máis información sobre o servizo e como adherirse no CTT na solución Transparencia Cloud

  • Goberno aberto, Informes e Estudos
  • Cooperación interadministrativa
  • Infraestruturas e servizos comúns