SEMÁNTICA DUN SERVIZO DE INTERCAMBIO DE INFORMACIÓN:
O modelo de datos dun servizo web queda perfectamente descrito coa parte abstracta da recomendación WSDL e os esquemas XML incluídos.
- Servicio SCSP para o cumprimento do art. 28 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, polo que o seu modelo de datos está de acordo ao protocolo SCSP.
- Servizo non-SCSP para cumprimento do art. 28 da Lei 39/2015, do 1 de outubro que non segue o protocolo SCSP.
- Servizo para comunicacións entre A.A.P.P. e persoas físicas ou xurídicas, como o servizo web de NOTIFICA.
- Servizo de consumo aberto ao Sector Privado, como o servizo web de factura electrónica de acordo á especificación Facturae.
- Servizo de intercambio de información administrativa entre organismos públicos, como o servizo web SIR de acordo á especificación SICRES.
ESTÁNDAR SEMÁNTICO:
Hai distintos tipos segundo a súa finalidade:
- Estrutura de Información, como o esquema XML de Documento electrónico ENI.
- Protocolo de Intercambio de datos, como o protocolo SCSPv3 para o intercambio de evidencias para a tramitación de servizos públicos.
- Vocabulario común, que describe conceptos básicos amplamente utilizados en distintos ámbitos, como o Core Location Vocabulary.
- Normalización de conceptos que define un conxunto normalizado de datos, como unha lista autorizada de nomes, unha taxonomía ou un grafo de categorías, unha codificación de interese estatístico ou un tesauro. Por exemplo, a codificación ISO 3166-1 de países ou o tesauro da UNESCO.
- Convenio de codificación de erros, como os códigos de erros HTTP ou outros utilizados polos servizos de intercambio de información.