A Future Internet Assembly celébrase os próximos días 17, 18, 19 e 20 de marzo en Atenas, coincidindo coa presidencia grega. Trátase dun evento que reúne a máis de 150 proxectos europeos orientados á Internet do futuro, que combina sesións plenarias e workshops cunha exposición onde se mostran diferentes tecnoloxías, aplicacións, sistemas e solucións innovadoras.
O proxecto XENE6 , organizador do workshop, e no que participan o Ministerio de Facenda e Administracións Públicas, o Ministerio de Industria, Enerxía e Turismo, e a Universidade de Murcia, ten como obxectivo impulsar o despregamento de IPv6 en Europa, mediante a execución dunha serie de experiencias pioneiras de transición a IPv6 en Administracións Públicas de diferentes países, e a súa diseminación na Unión Europea.
Durante a sesión presentada polo Ministerio e a Universidade, describiranse as motivacións e os desafíos para o despregamento de servizos transfronteirizos de administración electrónica en IPv6, usando como base a plataforma europea de recoñecemento transfronteirizo de identidades electrónicas desenvolvida no proxecto STORK .
Máis información sobre a transición a IPv6 en España
Folleto PDF: IPv6 Spanish Pilot - eGovernment Services with IPv6