Durante a Sesión efectuarase unha análise da Lei Orgánica de Protección de Datos e garantía dos dereitos dixitais (LOPDGDD), e abordaranse aspectos relacionados coa responsabilidade activa, os Delegados de Protección de Datos (DPD), os responsables e encargados de tratamento ou a xestión do risco tecnolóxico, entre outros.
Durante o evento entregaranse os Premios Protección de Datos 2018 , que este ano alcanzan a súa 22ª edición. Estes galardóns recoñecen os traballos que promoven en maior medida as boas prácticas, a difusión e a investigación deste dereito fundamental.
A Sesión está dirixida a representantes de institucións, empresarios, profesionais da protección de datos e cidadáns interesados na materia.
As presentacións e foros realizados no Auditorio poderán seguirse en directo en streaming a través da web da Axencia .