accesskey_mod_content

Informe IRIA

  • Escoitar
  • Imprimir PDF
  • Compartir
  • Metodoloxía

    O informe IRIA presenta unha visión global da situación da administración dixital e uso dos Sistemas e Tecnoloxías da Información e as Comunicacións nas Administracións Públicas de ámbito local e publícase cada dous anos.

    O ámbito do estudo está constituído por:

    • a información relativa a Diputaciones Provinciales e Forais, Cabidos e Consejos Insulares e Municipios de máis de 500 habitantes.
    • O 100% das entidades locais de máis de 30.000 habitantes
    • Unha mostraxe aleatoria, estratificado segundo número de habitantes e área xeográfica, dos municipios de menos  de  30.000 habitantes. Posteriormente utilizando un coeficiente de elevación esténdense os datos ao 100% dos municipios.
    • A información refírese sempre a poboación de dereito e a fonte utilizada é  o Instituto Nacional de Estatística.

    Para elaborar o informe amplíase a recollida de datos a diferentes fontes:

    • En cada unha das seccións do informe inclúese información de contexto con datos que se extraen doutros informes oficiais, como o INE, a plataforma de contratación, o observatorio de accesibilidade, etc.
    • Os datos de orzamentos obtéñense dos datos publicados na web do Ministerio de Facenda. Mentres que os datos de persoal extráense do Boletín estatístico do persoal ao servizo das Administracións Públicas, Registro Central de Personal.
    • O groso de información sobre o  avance da administración dixital baséase no enchemento dun cuestionario, desenvolvido coa ferramenta EUSurvey (ferramenta de realización de enquisas web da Comisión Europea,  onde se reflicten unha serie de preguntas que son a base para calcular os indicadores que finalmente se publican. Para elaborar o informe convídase a cubrir o cuestionario ao 100% das entidades locais de máis de 30.000 habitantes, a  a mostra de entidades locais  de menos  de  30.000 habitantes e ás Deputacións Provinciais e Forais, Cabidos e Consellos Insulares.

    Cuestionario IRIA(Abre en nova xanela)

(Abre en xanela nova) (Abre en xanela nova)
(Abre en xanela nova) (Abre en xanela nova)