accesskey_mod_content

Lexislación nacional

  • Opinar
  • Escoitar
  • Imprimir PDF
  • Compartir

A seguir atópanse listadas por orde de publicación, da máis recente á máis antiga, os instrumentos legais españois relacionados coa accesibilidade.

REAL DECRETO 1112/2018, do 7 de setembro, sobre accesibilidade dos sitios web e aplicacións para dispositivos móbiles do sector público

O obxecto deste regulamento é conseguir que os cidadáns teñan un acceso máis amplo aos servizos do sector público e garantir a igualdade e non discriminación no acceso das persoas usuarias, en particular, das persoas con discapacidade e das persoas maiores. Para iso, establécense as obrigas do sector público con respecto á accesibilidade dos seus sitios web e as súas aplicacións móbiles. Ademais de fixar as liñas adicionais de actuación que permitan garantir e facer máis eficaz a aplicación dos requisitos especificados na directiva (UE) 2016/2102 de accesibilidade dos sitios web e aplicacións móbiles do sector público(Abre en nova xanela) , a cal se traspón á lexislación española mediante este Real Decreto.

Referencia Boletín Oficial do Estado: BOE nº 227 de 19/09/2018(Abre en nova xanela)

Lei 18/2011, do 5 de xullo, reguladora do uso das tecnoloxías da información e a comunicación na Administración de Xustiza

Regula a utilización das tecnoloxías da información por parte dos cidadáns e profesionais nas súas relacións coa Administración de Xustiza e nas relacións da Administración de Xustiza co resto de Administracións e organismos públicos.

Referencia Boletín Oficial do Estado: BOE nº 160 de 6/7/2011

Lei 40/2015, do 1 de outubro, de Réxime Xurídico do Sector Público

núm. 236, de 02/10/2015

Establece e regula as bases do réxime xurídico das Administracións Públicas, os principios do sistema de responsabilidade das Administracións Públicas e da potestade sancionadora, así como a organización e funcionamento da Administración Xeral do Estado e do seu sector público institucional para o desenvolvemento das súas actividades.

Referencia Boletín Oficial do Estado: BOE nº 236 de 2/10/2015

Lei 19/2013, do 9 de decembro, de transparencia, acceso á información pública e bo goberno

Ten por obxecto ampliar e reforzar a transparencia da actividade pública, regular e garantir o dereito de acceso á información relativa a aquela actividade e establecer as obrigas de bo goberno que deben cumprir os responsables públicos así como as consecuencias derivadas do seu incumprimento.

Referencia Boletín Oficial do Estado: BOE nº 295 de 10/12/2013

Lei 9/2017, do 8 de novembro, de Contratos do Sector Público

Mediante esta Lei trasponse ao ordenamento xurídico español as Directivas do Parlamento Europeo e do Consello 2014/23/UE e 2014/24/UE, do 26 de febreiro de 2014. Regula a contratación do sector público, co fin de garantir que a mesma se axusta aos principios de liberdade de acceso ás licitacións, publicidade e transparencia dos procedementos, e non discriminación e igualdade de trato entre os licitadores.

Referencia Boletín Oficial do Estado: BOE nº 272 de 9/11/2017

RESOLUCIÓN, do 3 de setembro de 2012, da Dirección Xeral de Industria e da Pequena e Mediana Empresa, pola que se publica a relación de normas UNE aprobadas por AENOR durante o mes de xullo de 2012

O Ministerio de Industria, Turismo e Enerxía aprobou o pasado 2 de setembro unha resolución na que se especifica que a norma 139803:2012 substitúe á norma 139803:2004.

Referencia Boletín Oficial do Estado: BOE nº 237 de 2/10/2012(Abre en nova xanela)

INSTRUMENTO de Ratificación da Convención sobre os dereitos das persoas con discapacidade

O propósito da Convención, negociada durante cinco anos, é o de promover, protexer e asegurar o goce pleno e en condicións de igualdade de todos os dereitos humanos e liberdades fundamentais por todas as persoas con discapacidade, e promover o respecto da súa dignidade inherente. A Convención atópase en vigor en España desde o día 3 de maio de 2008.

Referencia Boletín Oficial do Estado: BOE nº 96 de 21/04/2008(Abre en nova xanela)

LEI 56/2007, do 28 de decembro, de Medidas de Impulso da Sociedade da Información

Dáse nova redacción ao parágrafo segundo do apartado uno da disposición adicional quinta, co texto seguinte: A partir do 31 de decembro de 2008, as páxinas de Internet das Administracións Públicas satisfarán, como mínimo, o nivel medio dos criterios de accesibilidade ao contido xeralmente recoñecidos. Excepcionalmente, esta obriga non será aplicable cando unha funcionalidade ou servizo non dispoña dunha solución tecnolóxica que permita a súa accesibilidade.

Referencia Boletín Oficial do Estado: BOE nº 312 de 29/12/2007(Abre en nova xanela)

LEI 49/2007, do 26 de decembro, pola que se establece o réxime de infraccións e sancións en materia de igualdade de oportunidades, non discriminación e accesibilidade universal das persoas con discapacidade

A presente Lei ten por obxecto establecer o réxime de infraccións e sancións que garanten as condicións básicas en materia de igualdade de oportunidades, non discriminación e accesibilidade universal das persoas con discapacidade.

Referencia Boletín Oficial do Estado: BOE nº 310 de 27/12/2007(Abre en nova xanela)

REAL DECRETO 1494/2007, do 12 de novembro, polo que se aproba o Regulamento sobre as condicións básicas para o acceso das persoas con discapacidade á sociedade da información

O obxecto deste regulamento é establecer os criterios e as condicións que se consideran básicos para garantir o acceso das persoas con discapacidade ás tecnoloxías, produtos e servizos da sociedade da información e de calquera medio de comunicación social, de acordo con os principios de igualdade de oportunidades, non discriminación e accesibilidade universal"A información dispoñible nas páxinas de internet das administracións públicas deberá ser accesible ás persoas maiores e persoas con discapacidade, cun nivel mínimo de accesibilidade que cumpra as prioridades 1 e 2 da Norma UNE 139803:2004.

Referencia Boletín Oficial do Estado: BOE nº 279 de 21/11/2007(Abre en nova xanela)

LEI 27/2007, do 23 de outubro, pola que se recoñecen as linguas de signos españolas e regúlanse os medios de apoio á comunicación oral das persoas xordas, con discapacidade auditiva e xordocegas

A presente Lei ten por obxecto recoñecer e regular a lingua de signos española como lingua das persoas xordas, con discapacidade auditiva e xordocegas en España que libremente decidan utilizala, sen prexuízo do recoñecemento da lingua de signos catalá no seu ámbito de uso lingüístico, así como a regulación dos medios de apoio á comunicación oral."As páxinas e portais de Internet de titularidade pública ou financiados con fondos públicos adaptaranse aos estándares establecidos en cada momento polas autoridades competentes para lograr a súa accesibilidade ás persoas xordas, con discapacidade auditiva e xordocegas mediante a posta a disposición dentro das mesmas dos correspondentes sistemas de acceso á información na lingua correspondente ao seu ámbito lingüístico".

Referencia Boletín Oficial do Estado: BOE nº 255 de 24/10/2007(Abre en nova xanela)

REAL DECRETO 366/2007, do 16 de marzo, de accesibilidade e non discriminación das persoas con discapacidade nas súas relacións coa Administración Xeral do Estado

O presente real decreto regula as condicións de accesibilidade e non discriminación que, respecto das persoas con discapacidade, deben presentar as Oficinas de Atención ao Cidadán, impresos e calquera outro medio que a Administración Xeral do Estado dedica especificamente e no ámbito das súas competencias ás relacións cos cidadáns.

Referencia Boletín Oficial do Estado: BOE nº 72 de 24/03/2007(Abre en nova xanela)

REAL DECRETO LEXISLATIVO 1/2013, do 29 de novembro, polo que se aproba o Texto Refundido da Lei Xeral de dereitos das persoas con discapacidade e da súa inclusión social

Esta lei ten un dobre obxectivo. Primeiro: garantir o dereito á igualdade de oportunidades e de trato, así como o exercicio real e efectivo de dereitos por parte das persoas con discapacidade en igualdade de condicións respecto do resto de cidadáns e cidadás, a través da promoción da autonomía persoal, da accesibilidade universal, do acceso ao emprego, da inclusión na comunidade e a vida independente e da erradicación de toda forma de discriminación, conforme a os artigos 9.2, 10, 14 e 49 da Constitución Española e á Convención Internacional sobre os Dereitos das Persoas con Discapacidade e os tratados e acordos internacionais ratificados por España. E segundo:establecer o réxime de infraccións e sancións que garanten as condicións básicas en materia de igualdade de oportunidades, non discriminación e accesibilidade universal das persoas con discapacidade. 

Referencia Boletín Oficial do Estado: nº289 de 03/12/2013(Abre en nova xanela)

LEI 34/2002, do 11 de xullo, de Servizos da Sociedade da Información e Comercio Electrónico (LSSICE)

É obxecto da presente Lei a regulación do réxime xurídico dos servizos da sociedade da información e da contratación por vía electrónica, no referente ás obrigas dos prestadores de servizos incluídos os que actúan como intermediarios na transmisión de contidos polas redes de telecomunicacións, as comunicacións comerciais por vía electrónica, a información previa e posterior á celebración de contratos electrónicos, as condicións relativas á súa validez e eficacia e o réxime sancionador aplicable aos prestadores de servizos da sociedade da información.

Referencia Boletín Oficial do Estado: BOE nº 166 de 21/07/2002(Abre en nova xanela)