accesskey_mod_content

Aplicacións para a Xestión Interna das Unidades

As múltiples unidades administrativas e unidades TIC das diferentes administracións públicas teñen necesidades semellantes que satisfacer.

Englóbase baixo este epígrafe un conxunto de solucións útiles para a xestión interna das unidades, tanto das secretarías como das unidades TIC.

  • Xestión de Incidencias - Pandora . Ferramenta corporativa para o alta, xestión e seguimento das incidencias informáticas, tanto a nivel das diversas aplicacións postas a disposición das distintas unidades, como todo aquilo relacionado con equipos informáticos, software ofimático, comunicacións de voz e datos, etc.
  • Xestión de Inventario . Aplicación para xestión de material inventariable. Permite a xestión do inventario  informático e non informático, por exemplo o de oficialía
  • Petición de Material - PeMat . Aplicación para a xestión das peticións de material: de escritorio, de arquivo, informático, etc. dentro da un organismo, así como o control do uso do mesmo.
  • Rexistro de Recursos Administrativos. Aplicación de xestión para a unidade responsable do rexistro, xestión e seguimento dos Recursos Administrativos.