Generalitat Valenciana. Consellería de Facenda e Modelo Económico
A Dirección Xeral de Tecnoloxías da Información e as Comunicacións (DGTIC)
dependente da Consellería de Facenda e Modelo Económico asume as funcións en materia de modernización da Administración, seguridade da información, planificación, coordinación, autorización e control das tecnoloxías da información, as telecomunicacións e comunicacións corporativas e a teleadministración da Generalitat.
Generalitat Valenciana. Consellería de Xustiza, Interior e Administración Pública
A Dirección Xeral de Planificación Estratéxica, Calidade e Modernización da Administración Pública
dependente da Consellería de Xustiza, Interior e Administración Pública exerce as funcións en materia de inspección xeral de servizos, simplificación administrativa, planificación e innovación para a implementación de novas técnicas de organización e instrumentos de traballo tendentes á mellora da eficiencia e eficacia da Administración Pública, así como o desenvolvemento e aplicación das diferentes ferramentas de impulso, difusión e xestión do coñecemento no ámbito da Administración.