O Grupo Banco Mundial (GBM) puxo en marcha en 2019 a Iniciativa GovTech para deseñar programas de transformación dixital avanzados. Un ano máis tarde, o GBM iniciou a publicación do Índice de Madurez do GovTech (GTMI) para describir o estado da transformación dixital do sector público centrándose nos aspectos crave de catro áreas:
- Apoio aos sistemas gobernamentais centrais
- Mellora da prestación de servizos
- Incorporación da participación cidadá
- Promoción dos elementos que facilitan o GovTech
Este informe axudará aos asesores e os profesionais a deseñar novos proxectos de transformación dixital.
Como resultado, o pasado 16 de novembro, o GBM publicou o Índice de Madurez do GovTech no que se analizaron 48 indicadores principais, definidos para recompilar datos de 198 economías divididas en catro categorías:
- o Índice de Sistemas Gobernamentais Centrais (CGSI)
- o Índice de Prestación de Servizos Públicos (PSDI)
- o Índice de Participación Cidadá (CEI)
- o Índice de Elementos Facilitadores do GovTech (GTEI)
No informe, o GBM define GovTech de forma ampla como “o enfoque de todo o goberno para a modernización do sector público que promova un goberno sinxelo, eficiente e transparente co cidadán no centro das reformas”. En resumo: un enfoque de que todo o goberno debe aliñarse para conseguir a transformación dixital do sector público
O ámbito do GovTech, definido polo GBM, tamén abarca o uso efectivo de:
- tecnoloxías disruptivas, (incluída a intelixencia artificial e a aprendizaxe automática, a computación na nube e a Internet das cousas)
- plataformas de datos públicos, que facilitan o uso de datos públicos abertos por parte de particulares e empresas para crear valor
- ecosistemas locais de GovTech, que apoian a emprendedores locais e novas empresas no desenvolvemento de novos produtos e servizos para o goberno
- un maior uso de asociacións público-privadas para aproveitar as habilidades, innovacións e investimentos do sector privado para abordar os desafíos do sector público.