O ‘Rolling Plan for ICT Standardisation’ ofrece unha análise única das actividades de estandarización no campo do TIC ao vinculalas coa lexislación e as políticas da UE. A edición 2022 outorga especial importancia a tres temas na nova sección 3.0 ‘Impulsores fundamentais’, que inclúe un novo capítulo sobre a economía do dato e capítulos actualizados sobre ciberseguridade e privacidade dixital. Ademais deste tres temas fundamentais, o Plan cobre 36 dominios sobre tecnoloxía e aplicacións agrupados en catro temáticas: facilitadores clave, desafíos sociais, innovación para o mercado único e crecemento sustentable.
Este documento é o resultado dun diálogo anual no que participan unha ampla gama de partes interesadas representadas pola Plataforma europea de partes interesadas sobre normalización do TIC (MSP, nas súas siglas en inglés). O plan estratéxico céntrase en accións que poidan apoiar as políticas da UE e non pretende que sexan tan completas como os programas de traballo dos diferentes organismos de normalización.
As accións de normalización identificadas no PRolling lan complementan outros instrumentos, en particular o Programa de Traballo Anual da Unión (AUWP). O Rolling Plan enumera todos os ámbitos nos que a normalización do TIC podería apoiar os obxectivos políticos da UE. Tamén detalla os requisitos para a normalización do TIC, tradúceos en accións e proporciona un mecanismo de seguimento das accións.
A estandarización do TIC desempeña un papel esencial para lograr a interoperabilidade das novas tecnoloxías e pode achegar importantes beneficios tanto á industria como aos consumidores. Ayuda a que os mercados do TIC permanezan abertos e permiten aos consumidores a máis ampla variedade de produtos.
Rolling Plan for ICT Standardisation 2022 (pdf)