accesskey_mod_content

Recomendacións básicas de ciberseguridade do Centro Criptolóxico Nacional

14 setembro 2018

Centro Criptolóxico Nacional

O CCN-CERT elaborou 10 informes de boas prácticas destinados a un público xeral co obxectivo de concienciar e orientar aos usuarios sobre o uso seguro das tecnoloxías da información e a comunicación.

O CCN-CERT publicou dez informes de boas prácticas, aos que se sumarán novos títulos. Os documentos dispoñibles abordan algúns dos aspectos máis importantes no marco da ciberseguridade.

Os factores de ameaza (APT), a internet profunda ou deep web, a navegación segura o cifrado de datos, as devasas, as aplicacións antimalware ou borrado seguro de datos son algúns dos aspectos tratados nestes 10 informes descargables na web do Centro Criptográfico Nacional(Abre en nova xanela) .

Os documentos conclúen cun “Decálogo de Básico de Seguridade” no que se recollen as medidas a aplicar para evitar as consecuencias das ameazas ou vulnerabilidades analizadas. Todos se atopan dispoñibles na parte pública do portal do CCN-CERT.

Fonte orixinal da noticia(Abre en nova xanela) .

 

 

  • Seguridade
Punto de Acceso Xeral
 
Punto de Acceso Xeral