Acábase de lanzar a primeira convocatoria do "Desafío Achega 2017: O valor do dato para a Administración", un impulso a novas ideas asociadas a prototipos que supoñan melloras na eficiencia da Administración.
O seu obxectivo é fomentar a reutilización directa de conxuntos de datos abertos públicos en prol da mellora do Sector Público, incentivando o talento, a capacidade técnica e a creatividade dos participantes.
Fase I: Concurso de ideas
A Fase I consiste na descrición detallada dunha idea orixinal que poida servir para crear ou enriquecer un servizo, estudo, aplicación web ou aplicación para dispositivos móbiles que comporten melloras para a Administración Pública.
A idea exposta terá en conta o uso de datos públicos accesibles xerados polas AA.PP. a través de portais de datos abertos de institucións públicas españolas ou internacionais, con carácter obrigatorio, así como de datos ofrecidos por entidades privadas baixo licencia aberta, con carácter opcional.
A descrición da idea realizarase cubrindo o formulario dispoñible para ese efecto na Sede Electrónica de Rede.es.
Tras o proceso de avaliación, seleccionaranse as 10 mellores ideas cuxos autores pasarán á Fase 2.
Fase II: Desenvolvemento de prototipos e exposición presencial
Durante a Fase II, os autores das 10 mellores ideas seleccionadas elaborarán un prototipo que poderá consistir nalgunha ou algunhas das seguintes propostas, entre outras:
- Solución que simule, represente e permita certa interacción ou que permita validar as hipóteses de partida do produto.
- Ejemplificación a partir da extrapolación dunha solución xa existente, por exemplo, noutro sector, país, ámbito, etc.
- Visualización ou elemento gráfico dinámico que simule a solución, servizo ou aplicación proposta.
- Storyboard, vídeo e/ou solución multimedia que permita ejemplificar a solución proposta nun prototipo tanxible.
O desenvolvemento dos prototipos terá lugar desde o momento de publicación das 10 mellores ideas ata a data da xornada previa ao Encontro Achega 2017, na que cada participante exporá o traballo desenvolvido.
Máis información no portal datos.gob