O pasado 2 de Decembro de 2016 publicouse no Boletín oficial da Unión Europea a Directiva (UE) 2016/2102 do Parlamento Europeo e do Consello, do 26 de outubro de 2016, sobre a accesibilidade dos sitios web e aplicacións para dispositivos móbiles dos organismos do sector público . Esta directiva establece os condicionantes, con respecto á súa accesibilidade, que deberán cumprir todos os sitios web e aplicacións móbiles do sector público: estatal, rexional, local, universitario, etc. incluíndo tamén entes como centros sanitarios e educativos, bibliotecas, tribunais, etc. Nos próximos 21 meses deberase traspor ao ordenamento xurídico español e virá substituír e mellorar as condicións que xa se esixían aos portais das administracións públicas españolas. Segundo o Real Decreto 1494/2007, os requisitos de prioridade 1 e 2 da norma UNE 139803:2012.
Para máis información sobre o impacto desta directiva no contexto español pode consultar a nota técnica: "Directiva de accesibilidade dos sitios web e aplicacións móbiles do sector público" .
Para máis información sobre accesibilidade web pode consultar a " Estratexia Accesibilidade " dispoñible en PAe.