O Índice Mundial de Innovación clasifica os resultados da innovación de 141 países e economías de distintas rexións do mundo, sobre a base de 79 indicadores. O Índice é unha publicación conxunta da OMPI ( Organización Mundial da Propiedade Intelectual ), a Universidade Cornell e o INSEAD .
No informe The Global Innovation Index 2015 , España obtén unha sobresaliente puntuación no apartado de Servizos administrativos en liña. España sitúase no cuarto posto compartindo ranking con Xapón e EEUU. Por diante sitúanse unicamente Francia, Singapure e Korea.
Como lembra o Instituto de Estudos Económicos (IEE), que se fixo eco do informe, “durante os últimos anos, a administración electrónica ha logrado un avance espectacular no noso país, ofrecendo aos cidadáns un amplo acceso á administración pública a través de internet. De feito, no informe destácase este aspecto como unha fortaleza da nosa economía.