accesskey_mod_content

A Comisión europea publica a ‘Estratexia para un Mercado Único Dixital para Europa’

"Noticia dispoñible unicamente con fins históricos e de hemeroteca. A información e ligazóns mostradas correspóndense cos que estaban operativos á data da súa publicación. Non se garante que continúen activos actualmente".

07 maio 2015

logo Comisión europea

O obxectivo do Mercado Único Dixital é derrubar muros de carácter regulatorio e, finalmente, evolucionar desde 28 mercados nacionais a un só mercado. A estratexia para un Mercado Dixital Único para Europa establece 16 accións a ser logradas para finais de 2016.

O obxectivo do mercado único dixital é derrubar muros de carácter regulatorio e, finalmente, evolucionar desde 28 mercados nacionais a un só mercado. A Comisión estima que un mercado único dixital completamente funcional podería xerar da orde 415 mil millóns de euros ao ano e crear centos de miles de novos postos de traballo.

A estratexia inclúe un conxunto de 16 accións a ser logradas para finais de 2016. Baséase en tres alicerces: (I) un mellor acceso de consumidores e empresas aos bens e servizos dixitais en toda Europa; (II) a creación das condicións adecuadas e a igualdade de condicións para que as redes dixitais e os servizos innovadores poidan florecer; (III) maximizar o potencial de crecemento da economía dixital.

Pilar I: Mellorar o acceso de consumidores e empresas aos bens e servizos dixitais en toda Europa.

A Comisión proporá:

  1. Regras para facer o comercio electrónico transfronteirizo máis fácil. Inclúe as normas harmonizadas da UE sobre os contratos e a protección do consumidor cando compra en liña.
  2. Facer cumprir as normas de consumo de forma máis rápida e consistente, mediante a revisión do Regulamento sobre Cooperación para a Protección do Consumidor.
  3. Entrega de paquetes máis eficiente e alcanzable.
  4. Finalizar co geo-bloqueo inxustificado, unha práctica discriminatoria utilizada por razóns comerciais, cando os vendedores en liña ou ben negan ao consumidores acceso a un sitio web en función da súa localización, ou ben os reencaminan cara a unha tenda local con prezos diferentes.
  5. Identificar as preocupacións potenciais en materia de competencia que afectan os mercados europeos de comercio electrónico. Por iso, a Comisión lanzou unha investigación sobre a competencia antimonopolio no sector do comercio electrónico na Unión Europea.
  6. Un a lei de dereitos de autor máis moderna e europea: inclúe propostas lexislativas para reducir as diferenzas entre os réximes nacionais de dereitos de autor e permitir un acceso en liña máis amplo aos contidos culturais en toda a UE
  7. Revisar a directiva de satélite e cable para avaliar se o seu alcance debe ampliarse aos organismos de radiodifusión de transmisións en liña e explorar como mellorar o acceso transfronteirizo aos servizos de radiodifusión en Europa.
  8. Reducir á carga administrativa que as empresas afrontan por razón dos diferentes réximes de IVE.

Pilar II: Creación das condicións adecuadas e a igualdade de condicións para que as redes dixitais e os servizos innovadores poidan florecer

A Comisión:

  1. Presentará unha ambiciosa reforma da normativa sobre telecomunicacións da UE.
  2. Revisará o marco medios audiovisuais para que sexa apto para o século XXI, centrándose nos roles dos diferentes actores do mercado na promoción das obras europeas (emisoras de televisión, provedores de servizos audiovisuais á carta, etc.).
  3. Analizará exhaustivamente o papel das plataformas en liña (motores de procura, redes sociais, tendas de aplicacións, etc.) no mercado.
  4. Reforzará a confianza e a seguridade nos servizos dixitais, especialmente en relación co tratamento dos datos persoais.
  5. Proporá unha asociación coa industria en materia de ciberseguridade para a seguridade en liña.

Pilar III: Maximizar o potencial de crecemento da economía dixital

A Comisión:

  1. Proporá unha "iniciativa para o libre fluxo de datos europeos’. A miúdo os servizos ven obstaculizados polas restricións relativas á localización dos datos, restricións que frecuentemente non teñen que ver coa protección de datos persoais. Así mesmo, a Comisión lanzará unha iniciativa de ‘nube europea’ (European Cloud) que incluirá a certificación de servizos cloud, a conmutación dos provedores de servizos en nube e unha "nube da investigación".
  2. Definirá as prioridades en materia de estándares e interoperabilidade en áreas críticas para o mercado único dixital, tales como e-saúde, planificación do transporte ou enerxía.
  3. Apoiará unha sociedade dixital inclusiva na que os cidadáns teñan os coñecementos adecuados para aproveitar as oportunidades que ofrece Internet e incrementar as súas posibilidades de emprego. Un novo plan de acción de administración electrónica conectará os rexistros de empresas en toda Europa, asegurará que os distintos sistemas nacionais poidan traballar cos demais, e garantirá que as empresas e os cidadáns achegar os seus datos só unha vez ás administracións públicas e que estas non reclamen datos que xa obran no seu poder. O principio de ‘só unha vez’ reducirá as cargas administrativas e aforrará potencialmente ao redor de 5000 millóns de euros ao ano para 2017. Acelerarase o despregamento da contratación electrónica e da firma electrónica.


O Mercado Único Dixital figurará na axenda da reunión do Consello Europeo dos días 25-26 de xuño de 2105.

Fonte orixinal da noticia(Abre en nova xanela)

  • Cooperación interadministrativa
  • Interoperabilidade
  • Seguridade
  • Servizos electrónicos
  • Cidadán
  • Empresa