accesskey_mod_content

A Comisión Europea fomenta a reutilización dos datos do sector público

  • Opinar
  • Escoitar
  • Imprimir PDF
  • Compartir

"Noticia dispoñible unicamente con fins históricos e de hemeroteca. A información e ligazóns mostradas correspóndense cos que estaban operativos á data da súa publicación. Non se garante que continúen activos actualmente".

30 xullo 2014

A Comisión Europea publica unhas directrices para axudar a que os Estados membros a aplicar a Directiva revisada sobre a reutilización da información do sector público que deberá ser trasposta ás lexislacións nacionais antes de xullo de 2015. Os datos abertos do sector público pódense usar como base para a creación de servizos e produtos innovadores de valor engadido que fomenten o investimento nos sectores baseados ​​en datos.

A apertura da información do sector público (ISP) para a súa reutilización pode traer importantes beneficios socio-económicos, mediante unha política e un marco regulatorio adecuados. A Directiva 2013/37/EU que modifica a Directiva 2003/98/CE relativa á reutilización da información do sector público é a norma básica. Estas Directrices elaboráronse coas contribucións á consulta pública no outono de 2013 e seguindo as recomendacións dun grupo de expertos (PSI Group).

As directrices cobren temas como:

  • Os datos con maior interese:
    • códigos postais
    • mapas nacionais e locais
    • o tempo
    • o consumo de enerxía
    • os niveis de emisión
    • horarios de transporte público
    • obras viarias
    • a información de tráfico
    • Estatísticas: PIB, a idade, a saúde, o desemprego, os salarios, a educación, etc.
  • As licenzas: cando se pode permitir a reutilización da información se licenzas, cando se poden usar licenzas abertas sen necesidade de desenvolver unhas propias.
  • Os custos: como os organismos do sector público, incluídas as bibliotecas, museos e arquivos, deben calcular a cantidade que deberían cobrar aos reutilizadores de datos,

Consultar documento(Abre en nova xanela)

  • Goberno aberto, Informes e Estudos